top of page

CEBO ARTIFICIAL para polbo, camarón e cangrexo real

Polbo

Camarón

Cangrexo Real

Deseñamos unha fórmula de cebo única, eficaz e resistente (non se disolve na auga!) que consegue excelentes resultados nestas tres especies.

MÁIS CAPTURAS, MENOS ESFORZO

O noso avanzado cebo artificial foi deseñado para a máxima efectividade, duración e resistencia, de xeito que non se disolve na auga.

A nosa fórmula exclusiva inclúe perfís olfativos específicos, garantindo que o seu uso se traduza en resultados excepcionais, permitindo capturar máis polbos, camaróns e cangrexos reais con menos esforzo.

A nosa historia


Cebos Pleamar foi creado por Miguel Ángel Gregorio Figueroa, tras ter utilizado a súa ampla experiencia como mariñeiro de baixura nas Rías Baixas para probar e optimizar o cebo que a día de hoxe se converteu no noso produto estrela.

A nosa empresa foi concibida como un emprendemento familiar dende o comezo que agora emprega a varios dos seus membros mentres mantén a súa esencia de traballar dende o local e poñer en valor o seu saber despois de tantos anos de experiencia.

A nosa é a historia dunha familia que vive e ha vivido do mar durante moito tempo.

Xa operamos no mercado internacional

Duplicamos as vendas cada ano

A mellor mostra de que o noso produto funciona é que os nosos cebos artificiais experimentaron un crecemento exponencial desde a nosa creación no ano 2021.


Tanto é así que a empresa, ademais de estar asentada no mercado galego, estableceuse como un referente en Francia desde 2024.
Atopámonos agora en proceso de expansión no Reino Unido, onde está a resultar un produto moi innovador e recibindo unha moi boa acollida polos profesionais.

Fabricado en Aldán, Galicia

Na nosa fábrica de Aldán, no sur de Galicia, aplicamos un proceso de fabricación rigoroso que garante a máxima eficiencia en cada unidade. Cumprimos cos estándares de calidade máis estritos e as normativas legais vixentes, asegurando que cada cebo artificial sexa un produto de alta precisión e durabilidade.

SOBRE A ENTREGA DO NOSO PRODUTO

- Está envasado en caixas de 15kg

- Entregamos en  persoa nas provincias da A Coruña e Pontevedra

- Entrega rápida a través de empresa de transportes en envíos nacionais e internacionais

CONTÁCTANOS

Para facer o teu pedido ou solicitar máis información e asesoramento do noso produto, podes atoparnos en:

Teléfono: (+34) 696 394 325
Whatsapp: (+34) 696 397 328
Email: cebospleamar@gmail.com



Tamén podes cubrir este formulario:

¿En qué podemos ayudarte?
Me gustaría hacer un pedido
Necesito más información y/o asesoramiento
Otro motivo
bottom of page